O Concello de Arteixo pechou 2024 con superávit e 13,7 millóns de remanente de tesourería

O pleno do Concello de Arteixo aprobou un plan económico que recolle os resultados da liquidación do exercicio 2024, evidenciando unha sólida situación financeira. Segundo o documento, o remanente de tesourería acada os 13,7 millóns de euros, mentres que o aforro neto sitúase nun positivo de 6,7 millóns, cifra que representa a diferenza entre os gastos correntes e os ingresos correntes.
Desde o Goberno municipal destacan que este aforro “obriga ao actual Goberno municipal a investilo e poñelo ao dispor dos veciños, e permite ao Concello de Arteixo cumprir cos obxectivos de sustentabilidade e uns indicadores de solvencia saneados”. Esta situación económica favorece que o Concello poida seguir adiante con proxectos e prestacións de servizos con garantías de estabilidade e sustentabilidade.