O Concello de Arteixo organiza un curso práctico sobre o uso das ferramentas da horta

O vindeiro venres 12 de decembro, o Parque de Monticaño, na Pastoriza, acollerá a segunda edición do curso “As ferramentas da horta”, dirixido a persoas interesadas na horticultura con nivel de iniciación. A actividade desenvolverase de 16:00 a 20:00 horas e terá unha duración de catro horas.
O curso pretende ensinar o uso correcto das ferramentas básicas e especializadas para tarefas como a preparación do solo, a sementeira, o rego e o control de pragas, garantindo seguridade, eficiencia e un bo rendemento no cultivo. Tamén se abordarán aspectos relacionados co mantemento, almacenamento, limpeza, afiado e desinfección das ferramentas para prolongar a súa vida útil e evitar enfermidades nas plantas.
O curso será impartido por Javier Cotelo e está aberto a persoas empadroadas en Arteixo, clientes de SUMARTE, biciArteixo e asimilados, cun custo de 15 euros que inclúe o material. Para o resto de inscritos, o prezo será de 25 euros.
As inscricións poden realizarse a través do correo cursoseme@sumarte.gal ou chamando aos teléfonos 698 193 000 e 604 012 930.