O Concello de Arteixo organiza un curso de fotografía e edición dixital para a mocidade

A área de Xuventude do Concello de Arteixo pon en marcha unha nova actividade formativa no eido audiovisual: un curso de fotografía e edición dixital dirixido a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos. A xornada terá lugar o sábado 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, e desenvolverase en horario de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 hora na Capela do Balneario.
O curso ten un custo simbólico de 10 euros e as prazas están limitadas a un máximo de 16 participantes, polo que se recomenda realizar a inscrición canto antes. O prazo para anotarse estará aberto do 7 ao 12 de maio.
Esta actividade forma parte do programa Arteixoven Audiovisuais e ten como obxectivo achegar á xuventude as ferramentas e coñecementos básicos para iniciarse no mundo da imaxe dixital, tanto a través de cámaras profesionais como de dispositivos móbiles.