O Concello de Arteixo investirá en mellorar a seguridade viaria en seis parroquias

O Concello de Arteixo levará a cabo un ambicioso plan de mellora da seguridade viaria en varias estradas do municipio cun investimento total de 739.022,24 euros. As actuacións previstas abranguen Pastoriza, Oseiro, Arteixo, Loureda, Chamín e Larín, onde se renovará o asfaltado, se reforzará a sinalización e se realizarán intervencións para mellorar o drenaxe das cunetas e optimizar o estado das vías.
As obras sairán a licitación nos vindeiros días, garantindo unha renovación esencial para reforzar a seguridade viaria e mellorar a mobilidade nos distintos puntos do concello.