O Concello de Arteixo impulsa a humanización e modernización da travesía de Oseiro

ACoruñaXa
O obxectivo é transformar a contorna urbana adecuándoa aos criterios promovidos no marco europeo
travesia-arteixo
26 Feb 2025

O Concello de Arteixo pon en marcha un ambicioso proxecto para a humanización e modernización da travesía de Oseiro, nun tramo de 1,3 quilómetros comprendido entre a rotonda de Sabón e a urbanización Sol e Mar. Esta iniciativa ten como obxectivo transformar a contorna urbana da travesía de Arteixo, adecuándoa aos criterios promovidos no marco europeo para as cidades.

O proxecto levarase a cabo en distintas fases para minimizar o impacto no tráfico. A primeira fase, cun orzamento de 600.000 euros, abranguerá un tramo de 400 metros desde a rotonda de Sabón ata o cruzamento coa Rúa dás Viñas de Abaixo. Nesta primeira intervención, levaranse a cabo accións clave como a construción de novas beirarrúoas e a creación dunha rotonda na entrada da Rúa José Pérez Ballesteros, facilitando as conexións e mellorando a seguridade viaria.

A segunda fase do proxecto completará a remodelación con outros 900 metros de actuación, consolidando as melloras de accesibilidade, mobilidade e seguranza para veciños e visitantes.

⚙ Configurar cookies
0.38260793685913