O Concello de Arteixo convoca as axudas de emerxencia social

O Concello de Arteixo destina 197.000 euros ás axudas de emerxencia social, que poden solicitarse ao longo de todo o ano. O obxectivo destas axudas é facilitar recursos básicos de inclusión social, garantir a autonomía das persoas dependentes, ofrecer protección e oportunidades sociais e educativas aos menores e previr a exclusión das persoas máis vulnerables.
As prestacións inclúen axudas para alimentos, roupa, aloxamento temporal, gastos sanitarios e asistencia a cursos de formación laboral, entre outros.
Os requisitos para solicitar as axudas son os seguintes: ser maior de 18 anos ou estar emancipado; contar con permiso de residencia ou traballo en España; estar empadroado en Arteixo durante, polo menos, os doce meses anteriores á solicitude; e acreditar unha situación económica de necesidade. Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse aos servizos sociais do Concello de Arteixo.