O Concello de Arteixo convoca a mesa de seguimento do seu Plan de Igualdade Municipal

O Concello de Arteixo convoca a mesa de seguimento do Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal, unha ferramenta estratéxica coa que a corporación reafirma o seu compromiso coa igualdade real entre mulleres e homes.
O documento, renovado no pleno celebrado o pasado mes de xaneiro, contou cos votos favorables da maioría dos grupos municipais, mentres que o PSOE optou pola abstención.
Segundo recolle o propio texto, o Plan de Igualdade Municipal "expresa o compromiso da Corporación Municipal de traballar pola igualdade entre mulleres e homes como tema clave para o futuro do Concello", adoptando unha perspectiva transversal que afecta a distintos eidos da xestión pública: económico, medioambiental, social e demográfico.