O Concello de Arteixo anuncia un corte de auga para mellorar a rede

ACoruñaXa
A interrupción na subministración de auga afectará a varios puntos do núcleo urbano
agua_grifo_1600x900
2 May 2025

O Concello de Arteixo, a través dos Servizos Urbanos Municipais (SUMARTE), informa dun corte programado no subministración de auga durante a madrugada do domingo 4 ao luns 5 de maio, co obxectivo de acometer melloras na rede municipal. O servizo verase interrompido entre as 00.00 e as 07.00 horas.

A interrupción afectará a varios puntos do núcleo urbano. Entre eles atópase a avenida de Fisterra, no treito comprendido entre os números impares do 79 ao 137, así como as rúas Reconquista, Guerra da Independencia, Sinforiano López, Xeral Porlier, Cerrada, Petellas e Costa María Pita.

Desde SUMARTE solicítase á veciñanza que tome precaucións durante esas horas, especialmente evitando deixar billas abertas e non utilizando electrodomésticos como lavadoras ou lavalouzas no momento en que se restableza o servizo.

O Concello agradece a comprensión da cidadanía e lembra que estas actuacións son necesarias para continuar mellorando a calidade e eficiencia da rede de abastecemento de auga no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.1504020690918