O Concello de Abegondo renova a fachada do centro social de Viós

ACoruñaXa
A reforma exterior, financiada polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta, compleméntase coas melloras no interior e a construción dun almacén
Centro social Víos Abegondo
11 Nov 2024

O Concello de Abegondo continúa coas reformas no centro social de Viós, centradas na renovación da fachada exterior para mellorar a eficiencia enerxética e o confort das instalacións. Con unha inversión de 38.990,00 euros do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta, a actuación inclúe a instalación de illante, a renovación de canalóns e xuntas para previr humidades e prolongar a durabilidade do edificio.

O alcalde, José Antonio Santiso, xunto ao tenente de alcalde, Alberto Seoane, visitaron esta fin de semana as obras e destacaron a importancia dunha intervención que definen como "necesaria" para adaptar o centro ao servizo esencial que presta á veciñanza. Esta mellora permitirá un espazo máis seguro e cómodo para as actividades que se realizan no centro.

Ademais, o goberno local está a traballar nas melloras do interior, que inclúen pintado, novo chan de plaqueta, e instalación de estores, así como a mellora da cociña e a instalación de iluminación LED. Tamén se está a construír un almacén de 25 metros cadrados no patio traseiro, financiado con fondos municipais cun orzamento de 39.226,92 euros, que aumentará a funcionalidade do centro.

⚙ Configurar cookies
0.038516044616699