O Concello de Abegondo pecha o exercicio 2024 con superávit e boa saúde financeira

ACoruñaXa
A corporación municipal estima que poderá empregar arredor de 800.000 euros do remanente
Concello_de_Abegondo
4 Mar 2025

O Concello de Abegondo vén de aprobar a liquidación do exercicio económico correspondente ao ano 2024, cun balance novamente positivo que reflicte o esforzo realizado desde todos os departamentos municipais.

O exercicio, segundo trasladan, pechouse cun superávit de 835.461,61 euros, resultado das obrigas recoñecidas por valor de 7.523.140,54 euros e os dereitos recoñecidos que ascenden a 8.447.223,68 euros, tras efectuar os axustes pertinentes.

O remanente de tesourería, que determina o estado real das contas municipais, situouse en 2.150.468,58 euros tras o peche do exercicio 2024. Este dato permitirá ao goberno local destinar fondos do remanente a novas inversións de interese veciñal.

O Concello estima que poderá empregar arredor de 800.000 euros do remanente, cumprindo a regra de gasto establecida polo Estado para as administracións públicas. “Cremos xusto poder dedicar fondos municipais do remanente a actuacións de interese para Abegondo”, sinalou o alcalde, José Antonio Santiso.

Ademais, a liquidación pon de manifesto que o Concello non conta con ningún crédito bancario concertado nin ten previsto contraer ningún, grazas á súa boa saúde financeira.

 

⚙ Configurar cookies
0.39514994621277