O Concello de Abegondo organiza unha andaina no Encoro Abegondo-Cecebre con cocido final
ACoruñaXa
Unha actividade pensada para promover a actividade física e a convivencia

30 Mar 2025
O domingo 6 de abril, o Concello de Abegondo convida a todos os veciños e visitantes a participar nunha andaina especial que terá lugar no entorno do Encoro Abegondo-Cecebre.
Esta actividade, pensada para promover a actividade física e a convivencia, culminará cun delicioso cocido ofrecido a todas as persoas participantes, proporcionando un momento de encontro e disfrute ao remate da ruta.
Para asegurar a túa praza, poderás facer a reserva a través do sitio web do Concello ou directamente no rexistro municipal.