O Concello de Abegondo levará ao pleno a modificación da ordenanza fiscal do ICIO

O Concello de Abegondo presentará no próximo pleno da corporación a modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras (ICIO), co obxectivo de actualizar o gravame para garantir a estabilidade orzamentaria do concello. A proposta busca manter o equilibrio entre a evolución dos servizos e a súa financiación.
Segundo traslada, o ICIO no Concello de Abegondo estaba fixado nun tipo do 2,8 % dende 2012, cando se aprobou a ordenanza, e en 2019 axustouse ao 2,4 %. Agora, a proposta é actualizar o tipo ao 2,6 %, o que aínda é inferior ao gravame establecido hai 13 anos.
Na comarca, a media do ICIO sitúase no 2,8 %, e o tipo máximo permitido pola lexislación é do 4 %. A intervención financeira do Concello subliña que o incremento destes ingresos non financeiros contribúe ao cumprimento da estabilidade orzamentaria e á mellora dos servizos municipais. Tras a eventual aprobación provisional no pleno, a modificación da ordenanza será sometida a un período de información pública.