O Concello de Abegondo aproba uns orzamentos de 6,8 millóns para 2025

O Concello de Abegondo aprobou en pleno extraordinario os seus orzamentos para o exercicio 2025 cun importe de 6879151,02 euros o que supón un incremento do 2,27 % respecto ao ano anterior As contas poñen o foco no benestar social consolidándose como unha prioridade da acción de goberno.
O alcalde José Antonio Santiso destacou que as partidas destinadas á asistencia social primaria representan o 25 % do orzamento total incluíndo medidas como axudas á dependencia programas de apoio a maiores e axudas de emerxencia social En total os ámbitos de servizos sociais cultura deporte e desenvolvemento local suman o 48 % do orzamento cunha suba respecto ao exercicio 2024 En concreto o fomento do deporte contará cun 16 % do total mentres que a promoción da cultura disporá dun 11 %.
As inversións municipais absorben o 22 % do orzamento cun total de 1542603,05 euros Entre as actuacións previstas destaca a compra dun inmoble en San Tirso por 400000 euros ao que se destinarán 275000 euros adicionais para a súa reforma O edificio será empregado con fins sociais Tamén se inclúe unha partida de 74000 euros para continuar coa reforma do cuartel da Garda Civil 47000 euros para melloras na piscina municipal e 55000 euros para mellorar os accesos ao novo centro de saúde Ademais haberá fondos para a mellora da rede viaria e para a adquisición de novo equipamento
Santiso anunciou que os 800000 euros do remanente dispoñible serán destinados a obras na rede viaria e en servizos básicos como o saneamento así como que o Concello está a negociar coa Xunta un acordo de 1 millón de euros para novas actuacións de saneamento en Orto e Crendes Outro dos aspectos destacados dos orzamentos é o incremento dun 20 % nas axudas ao transporte escolar cunha consignación total de 60000 euros entre este programa e o de escolarización O alcalde destacou que estes orzamentos perseguen ofrecer uns servizos de calidade para a veciñanza nas áreas de maior prioridade A proposta foi aprobada cos votos a favor do equipo de goberno mentres que a oposición votou en contra
O pleno tamén aprobou a actualización da ordenanza fiscal do ICIO Imposto sobre Construcións Instalacións e Obras que pasa do 2,4 % ao 2,6 %. O Concello xustifica este axuste como unha medida para garantir a estabilidade orzamentaria aínda que o impacto previsto nos ingresos municipais será de apenas 13500 euros anuais A taxa do ICIO en Abegondo continúa por debaixo da media comarcal situada no 2,8% e do máximo permitido pola lexislación que ascende ao 4%. A medida foi aprobada cos votos do goberno local e o rexeitamento da oposición