O Concello da luz verde ao estudo dun novo edificio residencial entre A Gaiteira e a rolda de Outeiro
Este xoves 6 de xuño tivo lugar a sesión plenaria ordinaria no Concello da Coruña. No que entre os asuntos destacados da orde do día, a Corporación municipal foi unánime na aprobación definitiva do estudo de detalle presentado pola Fundación Juana de Vega para o reaxuste de aliñacións e rasantes, así como a ordenación de volumes, no n.º 38 da rolda de Outeiro, onde a Fundación prevé acometer, posteriormente, a construción dun edificio de 32 vivendas.
A parcela, que ten unha superficie de máis de 2.000 metros cadrados (e xa é propiedade da Fundación), está situada entre a rúa José González Chas, a travesía da Gaiteira e a propia rolda de Outeiro, e acolle actualmente un aparcadoiro privado ao aire libre, con alugueiro de prazas para o estacionamento de vehículos. O que formulou a Fundación Juana de Vega é darlle un novo uso a este espazo, que é da súa propiedade, para executar un edificio que albergue 32 vivendas.
O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, apuntou que, ademais da ocupación residencial, o Concello obtén, en réxime de cesión, “700 metros cadrados e outros 300 de zonas libres no espazo que está fronte á rolda de Outeiro”, entre outras superficies.