O Concello da Coruña reafirma cumprir os requisitos para a declaración de ZMRT

O Concello da Coruña presentou a memoria xustificativa para a declaración da Coruña como Zona de Mercado Residencial Tensionado, un documento no que se conclúe que a cidade cumple cos requisitos para a súa declaración, tal e como recolle a Lei estatal de Vivenda. No marco da reunión da alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o concelleiro de
Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego na nova xuntanza da Mesa Sectorial de Vivenda, na que estiveron representados boa parte dos axentes e entidades vinculadas ao sector.
No encontro Francisco Díaz Gallego confirmou xunto á alcaldesa, Inés Rey, que A Coruña “cumple con todos os criterios para declarar tanto o municipio en conxunto como para facelo por distritos ou seccións” como ZMRT. “Segundo este estudo encargado polo Concello e que se basea en datos dos seus dez distritos censuais e 186 seccións censuais, na cidade cumplimos con ambos criterios nun 50 % dos distritos e nun 70 % das seccións”, indicou Díaz Gallego.
A Lei estatal de Vivenda recolle que para que unha cidade sexa declarada como ZMRT ten
que cumplir dous requisitos: que o custo da hipoteca ou aluguer máis os gastos derivados
da vivenda superen o 30 % da renda media dos fogares e que o prezo de compra ou aluguer
experimentase un crecemento nos últimos cinco anos un 3% superior ao IPC.
Díaz Gallego lembrou que o Goberno de Inés Rey ten en marcha un importante Plan de
Vivenda, con investimentos como os que figuran nos novos Orzamentos Municipais para este 2025, como os 10 millóns de euros para a creación de vivenda en Xuxán. Tamén sinalou que os próximos pasos a dar para presentar dito informe á Xunta de Galicia e que esta declare A Coruña como Zona de Mercado Residencial Tensionado.
Ábrese agora un período de 15 días de consulta pública, tras o cal volverase a
reunir a Mesa Sectorial de Vivenda, trazando o plan municipal de medidas a tomar, que será aprobado en Xunta de Goberno Local e remitido á Administración autonómica no mes de marzo.
Por outra banda, a alcaldesa tamén informou en rolda de prensa de que a Xunta de Goberno Local aprobou o texto da nova ordenanza reguladora das Vivendas de
Uso Turístico (VUT). “Esta é unha medida que impulsamos coa intención de axudar a equilibrar o mercado de aluguer na cidade e aliviar os prezos actuais, atendendo ás dificultades existentes no acceso a vivenda”, dixo a rexedora.