O Concello da Coruña pon en marcha a licitación o servizo da Escola Intercultural da UAMI

ACoruñaXa
É un programa social que se vén desenvolvendo na cidade desde hai varios anos e require de profesionais especializados e dedicados a esta tarefa de forma específica
pais-mundo-emigracion
Imaxe de arquivo
27 Xul 2024

O Goberno de Inés Rey iniciou o proceso de contratación do novo contrato relativo ao servizo da Escola Intercultural, unha iniciativa que está enmarcada no programa da Unidade de Asesoramento de Migracións (UAMI).

Este programa conta cunha longa traxectoria, converténdose nun elemento de referencia para a integración e acollida da poboación migrante e o fortalecemento da xa residente na cidade.

Este programa social vense desenvolvendo na cidade desde hai varios anos e require de profesionais especializados e dedicados a esta tarefa de forma específica. A Escola Intercultural ten a súa sede na rúa Aaiún, 2 e pódese contactar co seu persoal a través do teléfono 881 098 363 e do correo electrónico uami@coruna.gal.

Esta iniciativa desenvólvese en tres ámbitos: o escolar, o familiar e o comunitario. A escola desenvolve actividades durante todo o ano. As persoas interesadas en participar poderán facelo a través dos servizos públicos da cidade (centros educativos e centros cívicos) e entidades da cidade que leven acabo intervencións a persoas migrantes.

O Goberno de Inés Rey reafirma deste xeito o seu apoio á integración da poboación migrante, como tamén fai cos dous convenios nominativos asinados no mes de xuño con SOS Racismo Galicia, por un importa total de 39.000 euros.

0.19514298439026