O Concello da Coruña organiza unha xornada sobre facturación electrónica

ACoruñaXa
A sesión terá lugar no centro municipal de empresas Accede Papagaio
papagaio-corunha
9 Feb 2025

O Concello da Coruña, en colaboración coa rede de viveiros da Fundación INCYDE, organiza unha xornada presencial de balde para formar e orientar ás persoas asistentes en materia de facturación electrónica e acceso á plataforma do sector público.

A sesión terá lugar no centro municipal de empresas Accede Papagaio, situado na praza do Papagaio, o xoves 27 de febreiro entre as 16.00 e as 17.30 horas. Durante a xornada, explicaranse en detalle os principais conceptos e novidades relacionadas coa simplificación dos procesos administrativos, entre outros aspectos de interese.

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, animou ás persoas interesadas a formalizar a súa inscrición, xa habilitada a través dunha ligazón dispoñible. “O Goberno de Inés Rey aposta pola colaboración institucional e interadministrativa para facilitar formacións como esta, moi útiles en materia financeira e fiscal”, destacou Cabanas.

Toda a información sobre esta iniciativa pode consultarse remitindo un correo electrónico ao enderezo empresa@coruna.gal ou chamando ao número de teléfono 981 189 887.

0.22857189178467