O Concello da Coruña homenaxea aos Heroes de Orzán no 13 aniversario do suceso
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu o acto de entrega dos títulos de Fillo Predilecto e Fillos Adoptivos a Javier López, Rodrigo Maseda e José Antonio Villamor, coñecidos popularmente como os Heroes do Orzán. Os distintivos, outorgados a título póstumo no pleno de marzo de 2022, foron entregados ás súas familias nunha emotiva cerimonia celebrada no Salón de Sesións do Palacio Municipal de María Pita, coincidindo co 13 aniversario do tráxico acontecemento.
“Os Heroes do Orzán deron a vida por protexer a outros. Fíxérono porque o levaban no sangue, no máis fondo da vocación que os levou a entrar no Corpo Nacional de Policía, cuxos valores explican á perfección a responsabilidade e valentía coa que Javier, Rodrigo e José Antonio actuaron aquel infausto día”, sinalou Inés Rey. No acto estiveron presentes, ademais das familias e da alcaldesa, membros da corporación municipal, autoridades das distintas administracións públicas, representantes do Corpo Nacional de Policía, da Garda
Civil, da Policía Local, dos Bombeiros e outras entidades que participaron nos labores de rescate, así como os exalcaldes Javier Losada, Carlos Negreira e Xulio Ferreiro.
Os títulos foron entregados ás familias dos homenaxeados. Loreto López e Carmen López, viúva e nai de Javier López, recolleron o título de Fillo Predilecto. Amparo Vázquez, nai de José Antonio Villamor, e Isabel Lozano, nai de Rodrigo Maseda, recibiron os títulos de Fillos Adoptivos en representación dos seus fillos. Todas as familias interviñeron cunhas emotivas palabras en recordo dos tres policías.
“As tres persoas que neste acto honramos son a expresión máis alta dos valores que nos elevan como sociedade, porque sen servidores como eles a supervivencia da construcción social simplemente sería imposible. Os piares da convivencia e o progreso descansan sobre os corpos duns poucos, daqueles e aquelas que non dubidan en arriscalo para custodiar os lazos que nos unen, ofrecendo seguridade e apoio a veciños e veciñas nos momentos máis difíciles”, dixo a alcaldesa durante a súa intervención. As tres persoas que hoxe honramos representan os valores máis elevados que nos definen como sociedade. Grazas ao seu sacrificio, garantimos os piares da convivencia e o progreso. Eles son exemplo de valentía e compromiso nos momentos máis difíciles”, afirmou a alcaldesa.
Os nomes de Javier López, Rodrigo Maseda e José Antonio Villamor súmanse aos doutros ilustres coruñeses que recibiron estas distincións, como a actriz María Casares, o arquitecto Andrés Fernández-Albalat, o fotógrafo Alberto Martí ou a lenda do Deportivo, Arsenio Iglesias.