O Concello da Coruña celebra 10 anos do seu programa de Educación Ambiental na praia de Riazor

ACoruñaXa
Durante dúas décadas, a caseta de Educación Ambiental achega actividades divulgativas e unha exposición sobre contaminación por plásticos no mar
programa-de-Educación-Ambiental-A-Coruña
16 Jul 2025

Desde hai dez anos, o Concello da Coruña instala na praia de Riazor unha caseta de Educación Ambiental coa finalidade de achegar ao público de todas as idades actividades para fomentar o respecto pola contorna natural.

Nesta edición, a caseta acolle unha exposición sobre a contaminación por plásticos mariños, ofrece múltiples actividades para todas as idades e incorpora unha ‘biblioteca verde’ en colaboración co servizo de Bibliotecas Municipais.

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, resaltou o compromiso do Goberno local para achegar a educación ambiental a todos os públicos e destacou que a programación da caseta é un dos aspectos valorados pola ADEAC para a concesión da bandeira azul ás praias urbanas da cidade.

Durante os meses de xullo e agosto, a caseta estará aberta en horario de mañá para que calquera persoa poida participar en actividades, tomar libros en préstamo para a súa xornada de praia ou reservar actividades para grupos vía correo electrónico.

O programa deste verán inclúe xogos, como a procura do tesouro, e talleres de manualidades con materiais reciclados, todos eles orientados ao respecto polo mar, a biodiversidade e a conservación do entorno, impartidos por monitores especializados en Educación Ambiental.

⚙ Configurar cookies
0.161297082901