O Concello da Coruña asina con EMALCSA unha achega de 150.000 euros

ACoruñaXa
A subvención municipal permitirá á entidade asumir os gastos ordinarios da Fundación, con proxectos de inclusión e benestar social
ines rey co directos de EMALCSA
A alcaldesa, Inés rey, co director-xerente de EMALCSA
26 Xul 2024

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asinou co director-xerente da Fundación EMALCSA, Manuel Aguilar, o convenio de colaboración polo que o Concello achegará un total de 150.000 euros á entidade para o desenvolvemento da súa actividade no 2024.

O obxecto do convenio é sufragar os gastos ordinarios da Fundación, tales como persoal, adquisición de medios e materiais, seguros ou alugueres de equipos, maquinarias e/ou inmobles vinculados directamente á actividade subvencionada. Tamén gastos correntes necesarios para o desenvolvemento da actividade ordinaria como cartelería, dípticos ou outros servizos profesionais.

A alcaldesa puxo en valor o traballo desenvolto pola entidade en materia de igualdade, inclusión e benestar social. Destacou as convocatorias de Cultura e Deporte inclusivo, dando apoio aos clubs e entidades culturais da cidade, así como a posta en marcha do programa Coruña Acompaña.

A Fundación EMALCSA traballa na promoción da igualdade de oportunidades, especialmente nas persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade. Tamén traballa na promoción do deporte de base como transmisor de valores e hábitos saudables así como na promoción de proxectos de cooperación e desenvolvemento económico. Dende a súa constitución no 2012, a Fundación Emalcsa levou a cabo preto de 500 proxectos e actividades dos que se beneficiaron máis de medio millón de persoas.

Neste ano 2024, o Goberno de Inés Rey recolle nos Orzamentos Municipais preto dun cento de convenios nominativos con entidades por un importe superior aos tres millóns de euros

0.18737292289734