O Concello da Coruña acometerá melloras na cúpula da Casa das Ciencias
O Concello da Coruña informou de que esta semana darase luz verde aos proxectos e á licitación das obras de conservación e mantemento tanto na cúpula da Casa das Ciencias como na cúpula da súa biblioteca, dúas intervencións para que as se consignaron fondos nos orzamentos deste ano co obxectivo de renovalas e impermeabilizalas.
“É unha actuación que consideramos necesaria porque os materiais de impermeabilización dispostos actualmente foron sufrindo unha deterioración progresiva pola súa exposición ás inclemencias meteorolóxicas e tamén polo paso do tempo”, indicou a alcaldesa este luns.
Outra das medidas que aparellará o plan de intervencións no edificio é a adecuación da marquesiña que cobre o acceso principal á Casa das Ciencias. En total, o Concello levará a cabo un investimento de máis de 280.000 euros.