O Concello da Coruña abre o prazo para solicitar as bolsas comedor para o curso escolar 2025/2026

O Concello da Coruña abre o prazo para solicitar as bolsas comedor para o alumnado matriculado nos centros educativos municipais durante o vindeiro curso escolar 2025/2026. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 18 de marzo ata o 4 de abril de 2025. As persoas interesadas poden recoller os impresos de solicitude nos rexistros municipais, nos centros cívicos e tamén na sede electrónica municipal. As solicitudes deberán presentarse a nome da persoa beneficiaria (alumna ou alumno), sendo asinadas polo representante legal se a persoa solicitante é menor de idade.
Para poder optar a estas axudas, existen algúns requisitos principais, como dispor de DNI, NIE ou NIF válido antes de rematar o prazo de emenda, estar empadroado/a no Concello da Coruña e ter formalizada a matrícula ou solicitude de matrícula nun centro educativo situado no termo municipal. Tamén é necesario que o alumnado dispoña dunha praza na modalidade presencial e que teña unha asistencia continuada durante todo o período lectivo, que irá de setembro de 2025 a xuño de 2026.
O Concello destina un crédito total de 2.253.000 euros para esta convocatoria, co obxectivo de atender ao maior número posible de solicitudes e de contribuir á conciliación das familias coruñesas. A alcaldesa, Inés Rey, destacou que esta é a maior cifra orzamentada pola administración local para as bolsas comedor, co fin de apoiar ás familias que máis o necesitan. Ademais, lembrou que, noutros puntos do país, son as comunidades autónomas as que sufragan estas bolsas, pero que, dada a ausencia de apoio da Xunta, o Concello asume unha vez máis esta competencia impropia para respaldar ás familias que máis o precisan.
Todos os listaxes relacionados coa convocatoria serán publicados utilizando o código do expediente individual asignado a cada solicitude. Ademais, tamén se facilitará unha lista identificadora das solicitudes presentadas en cada publicación realizada ata a resolución definitiva.