O Concello da Coruña abre o plazo de inscrición da nova edición do programa Nocturnia

ACoruñaXa
Entre as actividades propostas atópanse paseos en goleta, rutas dramatizadas, deporte ao aire libre e decenas de actividades máis para mozas e mozas de 12 a 30 anos
Imaxe do cartel do programa Nocturnia
1 Abr 2024

O Concello da Coruña volve a impulsar unha nova edición do programa de ocio saudable Nocturnia que se desenvolverá entre abril e xullo. Deste xeito, este luns 1 de abril ás 16.00 horas abrirase o prazo de prazo de inscrición para a primeira quenda de actividades da edición primavera/verán de Nocturnia, o programa de ocio saudable para mozos e mozas de 12 a 30 anos organizado polo Concello da Coruña.

A inscrición poderá realizarse a través da páxina web municipal cada luns ás 16.00 horas e pecharanse os xoves ás 12.00 horas, ata esgotar as prazas. As actividades comezarán o venres día 5 e o sábado 6 cunha oferta de maquillaxe teatral, unha ruta dramatizada polo Castelo de San Antón varios obradoiros artísticos. Hai programadas actividades ata a última fin de semana de xuño e a mecánica de inscrición será sempre a mesma.

Esta nova edición de primavera/verán 2024 inclúe opcións para todos os gustos e inquedanzas: deportivas, paseos en barco, defensa persoal, rutas culturais teatralizadas pola nosa cidade, saídas dun día para descubrir espazos naturais de Galicia ata un amplo abano de actividades relacionadas coas artes escénicas, plásticas, musicais, dixitais ou literarias. As actividades realizaranse en espazos e horarios diversos onde poder compartir experiencias e facer novas amizades.

Todas as actividades e obradoiros son de balde. Na web municipal www.coruna.gal/nocturnia as persoas interesadas atoparán todas as propostas desa fin de semana nas que poderán apuntarse. Este programa está co-financiado polo Plan Nacional de Prevención sobre Drogas do Ministerio de Sanidade.

 

 

 

nocturnia
0.19342708587646