O Concello abre a solicitude das axudas ás entidades musicais da cidade
O Concello da Coruña, a través da Área de Fomento e Promoción da Cidade, abre este mércores o plazo para solicitar as axudas do 'Plan de apoio ás entidades musicais locais' de cara a este ano 2024. Dende hoxe haberá un total de quince días naturais para que as asociacións e entidades interesadas presenten a súa documentación.
A dotación prevista polo Concello de cara á convocatoria de axudas deste ano é de 200.000 euros. Este plan busca contribuír á difusión da oferta musical das entidades sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade cultural na cidade, cun grao de implementación social representativo e cunha formulación artística, musical e de baile.
A alcaldesa, Inés Rey, expuso que: "As asociacións que visibilizan a cultura tradicional da Coruña e os seus barrios son fundamentais á hora de trazar a nosa identidade. Por iso, o noso obxectivo é poñelas en valor e fomentar a súa presenza na programación anual de eventos culturais na cidade, cunha perspectiva de continuidade". Neste sentido, a socialista puxo como exemplo a Romaría de Santa Margarida, que se organiza cada ano durante o mes de agosto, ao abeiro das Festas de María Pita.
As bases da convocatoria podense consultar a través do seguinte enlace na páxina web do Concello. Esta dirixese ás entidades culturais musicais, legalmente constituídas, que teñan o seu domicilio na cidade da Coruña.
As solicitudes poderanse presentar, preferentemente, por vía telemática. Será a través da sede electrónica, dirixindo a solicitude ao Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE). Aínda que, excepcionalmente, admitiranse solicitudes presenciais no Rexistro administrativo do IMCE (avenida da Mariña, 18), logo da cita previa no teléfono 981 184 233.
Ademais haberá cinco días para formular alegacións. Unha vez que finalice o prazo de presentación de solicitudes, publicarase na páxina web do servizo municipal de Cultura unha listaxe cos datos provisionais e abrirase entón un prazo de cinco días naturais para formular alegacións.
O prazo de resolución definitivo será, como máximo, dun mes, que se contará a partir do día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación das solicitudes.