O cómico venezolano Nanutria actuará na Coruña dentro da súa xira no noso país
O cómico venezolano Nanutria chega á Coruña con ‘El Showcito’. O espectáculo está programado para o próximo 9 de febreiro de 2025 no Centro Sociocultural Ágora ás 18.30 horas. Esta data está enmarcada dentro dunha xira por España que levará o artista a diferentes cidades. As entradas xa están á venda a través de Ataquilla.
O Concello continúa promovendo actuacións de gran nivel nos espazos culturais da cidade, repartindo a oferta nos distintos barrios, como é o caso deste Centro Sociocultural Ágora, que tamén acollerá o espectáculo ‘Por fin juntos’, cos humoristas Facu Díaz e Miguel Maldonado, o vindeiro 16 de novembro. Polo Ágora pasaron en datas recentes outros cómicos de gran nivel nacional como Pablo Meixe ou David Suárez.
‘O showcito’ é unha proposta creativa por parte de Nanutria que está sempre en continuo desenvolvemento. O espectáculo mestura bloques de stand-up con improvisación. Os temas que trata son diversa índole, como a adultez, a democracia, a vida en parella, a inmigración e as formas de afrontar a vellez. Un show fresco onde o cómico dá todo o necesario para dar o mellor papel posible.