O Colexio Oficial de Farmacéuticos estrea canle de TikTok alertando do risco dos vapeadores

ACoruñaXa
O COF pretende chegar ao público xoven recollendo testemuños de educadores, farmacéuticos, médicos, persoal de enfermería, pais ou psicólogos, entre outros, con idea de poñer sobre a mesa os riscos asociados ao vapeo
Imaxe recurso dunha persoa empregando un vaper
27 Feb 2024

O Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña estrea canle de TikTok cunha serie de vídeos alertando sobre o risco do uso de vapeadores. Segundo datos publicados en diferentes canles, estímase que o vapeo aumenta nun 62% o risco de sufrir infartos cerebrais, un 122% máis de risco de sufrir cancro de pulmón e aumenta un un 30% de fumar e probar outras drogas.

Desde o sector vese con preocupación como estes dispositivos comercialízanse mesmo para menores con cores e un márketing de estética infantil. Ante a crenza de moitos pais de que o hábito de vapear non ten consecuencias, están a difundirse consellos e recomendacións para concienciar sobre este tema.

Na súa recentemente estreada conta de TikTok e cun estilo que pretende chegar a un público que vai desde a adolescencia aos máis novos, recóllense testemuños de educadores, farmacéuticos, médicos, persoal de enfermería, pais ou psicólogos, entre outros, con idea de poñer sobre a mesa os riscos asociados ao vapeo.

Co lema 'Detrás do fume as consecuencias non ven' a campaña fala da enfermidade de EVALI, ou lesións pulmonares asociadas aos cigarros ou o vapeo. Pero tamén se pon o acento na permisividade social destes dispositivos, que nalgúns casos por descoñecemento ou baleiro legal toléranse en determinados ámbitos.

Ademais, farmacéuticos de diferentes zonas da provincia que participan no vídeo inciden no perigo deste novo hábito. Concretamente, Natalia Pérez, insiste en que o denominado “vaper” non é unha alternativa para deixar de fumar”. Esta colexiada ejerciente na Coruña deixa claro que produce efectos tóxicos, e pode afectar o desenvolvemento ademais de propiciar a incidencia de EPOC ou bronquiolitis. “Cando vapeas tes que saber que non é saudable”, sentenza Pérez.

Outros profesionais como Antonio Busto, farmacéutico en Noia, poñen sobre a mesa en vídeos que se comparten estes días, que os riscos do vapeo contan cada vez con máis evidencia científica. As súas consecuencias poden afectar tamén á fertilidade ou a lactación, así como ao desenvolvemento cerebral. O farmacéutico lembra que “o vapeo non é nin un xogo, nin calma a ansiedade, nin serve como terapia sustitutiva do tabaco”.

 

0.15114402770996