O Colexio de Médicos expón unha mostra de José Antonio Ozores sobre a censura na arte

ACoruñaXa
A exposición estará composta por varios retablos e obras de pintura fotoquímica nos que utiliza técnicas propias
Imaxe da sala de exposicións do Colexio de Médicos da Coruña
4 Abr 2024

A sala de exposicións do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña, situada na rúa Rego de Auga, 29, primeiro piso, acollerá desde o venres, 5 de abril, unha exposición do artista coruñés José Antonio Ozores Souto.

Esta mostra “céntrase na expresión dos meus sentimentos sobre a censura nas artes plásticas, como a que sufriu o famoso fotógrafo estadounidense Mapplethorpe, un dos máis importantes do século XX. En lugar de contalo por palabras, José Antonio Ozores tamén é escritor, creo que resulta moito máis explícito facelo a través da linguaxe pictórica”, explica.

A exposición estará composta por varios retablos e obras de pintura fotoquímica nos que utiliza técnicas propias, ademais de fotografías analóxicas e de pezas de pintura sobre fotografía.

A mostra poderá visitarse ata o 27 de abril, de luns a venres, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, e os sábados entre as 12.00 e as 14.00. O acceso a ela é libre e gratuíta.

0.17504000663757