O Colexio de Médicos da Coruña acolle a exposición de arte abstracto "Paisaxe e Xeometría" de Alejandro Mosquera
O Colexio Oficial de Médicos da Coruña acolle desde o 4 de novembro a exposición 'Paisaxe e Xeometría' do artista Alejandro Mosquera. Nesta mostra, o pintor presenta unha colección de obras nas que a natureza e o caos ven reinterpretados a través dunha estética xeométrica e abstracta, convidando o espectador a redescubrir a súa contorna baixa unha nova luz.
A inauguración terá lugar o luns 4 de novembro na sede colexial, situada na rúa Rego de Auga, 29 (primeiro piso), ás 19:00 horas. As pinturas estarán dispoñibles ao público ata o 29 de novembro.
“O público conecta con figuras e símbolos que, aínda que abstractos, resúltanlle familiares. A xeometría é o fío condutor que dá cohesión ás miñas composicións, organizando o caos de forma harmónica”, comenta Mosquera, cuxa formación na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña moldeou o seu singular estilo, caracterizado pola precisión nas formas e a orde nos espazos.
A exposición estará aberta de luns a venres en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, e os sábados de 12:00 a 14:00, con entrada libre e gratuíta.