O Clube Escola Xadrez Culleredo convoca o Torneo "Xadrez Amodiño"

ACoruñaXa
Unha cita que se consolida como referente para os amantes do xadrez pausado e de calidade
cull-xadrez
3 May 2025

O Clube Escola Xadrez Culleredo organiza unha nova edición do seu torneo de partidas lentas, bautizado como "Xadrez Amodiño", unha cita que se consolida como referente para os amantes do xadrez pausado e de calidade. A competición desenvolverase os días 7 e 8 de xuño de 2025 no Centro Social Cultural e Recreativo de Rutis, en Vilaboa, no concello de Culleredo.

Trátase dunha oportunidade única para xogadores con ELO inferior a 2400, que queiran poñer a proba as súas habilidades nun ambiente competitivo pero tamén amigable. O torneo disputarase baixo o sistema suízo a 6 roldas, cun ritmo de 60 minutos máis 30 segundos por xogada, o que garante partidas intensas e pensadas.

A organización premiará aos mellores con trofeos, produtos gastronómicos delicatessen e ata 150 euros en metálico, un atractivo engadido que se suma ao pracer do propio xogo.

As inscricións, cun custo de 20 euros para o público xeral e 10 euros para socios e alumnos do CEXC, poderán realizarse ata o 13 de xuño enviando un correo a torneos.cexc@gmail.com.

 

⚙ Configurar cookies
0.11565709114075