O Club Salvamento Arteixo repite a súa travesía a Caión coincidindo coa romaría das Miragres

ACoruñaXa
Un grupo de nadadores cubrirá o domingo uns 4 quilómetros desde a praia do Reiro ata o santuario, no marco dunha das celebracións máis multitudinarias de Galicia
ARTEIXO salvamento
5 Sep 2025

O Club Salvamento Arteixo volverá realizar o 7 de setembro a súa xa tradicional travesía costeira ata Caión. Trátase dun percorrido a nado de arredor de 4 quilómetros que terá como punto de partida a praia do Reiro e que levará aos participantes ata as inmediacións do santuario das Miragres, onde se celebra a coñecida romaría.

A iniciativa, que xa se estreou con éxito o pasado ano, busca combinar deporte e tradición, poñendo en valor tanto a práctica do salvamento deportivo como unha das festas máis arraigadas de Galicia. A romaría das Miragres, que se celebra cada 8 de setembro, reúne centos de persoas que se achegan ata o templo e á Fonte Santa para cumprir promesas ou gozar da festividade.

Dende o club convidan á veciñanza e a quen se achegue á costa a animar aos nadadores durante o traxecto ou inmortalizar o momento con fotografías.

⚙ Configurar cookies
0.15349698066711