O Club Ría de Betanzos gaña a III Regata Miño, integrada no Circuíto da Deputación

A localidade de Miño acolleu a III Regata Miño, unha competición incluída no IV Circuíto Deputación da Coruña de Piragüismo en Augas Tranquilas, que reuniu a clubes da contorna nunha nova xornada de deporte náutico.
O Club Ría de Betanzos acadou o primeiro posto da clasificación, seguido polo CDN Miño, que foi segundo, e o Club Náutico Firrete, que completou o podio.
Na entrega de medallas participaron o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo; o concelleiro de Deportes, José Manuel Pantín; e o deputado provincial de Deportes, Antonio Leira, que acompañaron aos deportistas e recoñeceron o seu traballo nesta proba.