O Club Patín Axel de Arteixo sitúase no top dez nacional de grupos de show
ACoruñaXa
O club acudiu acudiu a pasada fin de semana ao Campionato de España de Cuartetos Junior e a Copa de España de Grupos de Show celebrada en Alcoy
9 Apr 2024
Un ano máis o Club Patin Axel, tras clasificarse no Campionato Galego, acudiu ao Campionato de España de Cuartetos Junior e a Copa de España de Grupos de Show celebrada en Alcoy.
O venres 4 de Abril, disputábase a copa de España. 22 grupos das diferentes comunidades de España realizaron as súas coreografías. Cara ao final da tarde e tras unha moi boa actuación as patinadoras do Club Patín Axel, saltaban á pista con Death Row, que é o título do seu programa,e lograban colocarse na quinta praza.
Na xornada do sábado, disputábanse o Campionato de España 21 cuartetos. Comando Favelas, o Cuarteto do Club Patín Axel, saía a pista en penúltimo lugar, realizando un fantástico programa obtendo así a sexta praza na clasificación.