O Club de Natación de Arteixo esta na Copa do Mundo de Augas Abertas 2025, que se celebra o 10 e 11 de outubro

O Club Natación Arteixo volve situarse entre a elite internacional: os seus nadadores máis destacados, Mateo García e Paula Otero, formarán parte do Equipo Nacional de Fondo na 4ª etapa da Copa do Mundo de Augas Abertas 2025, que se celebra no Golfo Aranci (Cerdeña) os días 10 e 11 de outubro.
O programa de competición para os deportistas arteixáns inclúe a proba de 10 km o venres 10 (Mateo García, saída 09.00; Paula Otero, saída 12.00) e as series do KnockOut Sprint o sábado 11 (preliminares de Mateo ás 15.00 e de Paula ás 17.00).
Desde o Club envían mensaxes de apoio e agarimo aos atletas: 'Forza, Mateo e Paula. Orgullo de Arteixo, orgullo do noso deporte', resaltando o traballo e a proxección internacional que están a levar ao nome do club e da vila.