O Club de Golf Paderne lanza un torneo familiar de Nadal en formato scramble

ACoruñaXa
Pais, fillos, avós e primos están convidados a compartir unha xornada lúdica e competitiva, cun marcado espírito de Nadal e animados a vestir con xerseis e roupa nadal
PADERNE campo de golf
26 Nov 2025

O Club de Golf Paderne, no municipio de Paderne, vén de anunciar a celebración dun Torneo Familiar Scramble de Nadal, unha proposta pensada para quen queira facer algo diferente en familia nas vindeiras festas. A través das súas redes sociais, o club destaca que o obxectivo é que pais, fillos, avós e mesmo primos poidan compartir o que definen como o mellor plan do ano.

O formato escollido será o scramble, modalidade na que se xoga por equipos e que facilita a participación de golfistas con distintos niveis, favorecendo o xogo en grupo e o espírito colaborativo. Desde o club subliñan tres ideas chave do torneo: o xogo en equipo, as risas aseguradas e un ambiente claramente nadal, ao que se suma unha invitación expresa a que os participantes acudan vestidos con xerseis de Nadal ou roupa temática para reforzar o carácter festivo da xornada.

O evento busca reforzar o carácter familiar e accesible do Club de Golf Paderne, que nos últimos anos vén apostando por torneos e actividades que procuran achegar este deporte a todo tipo de públicos, máis alá da vertente estritamente competitiva. As persoas interesadas poden inscribirse directamente a través do club, que anima a veciñanza da bisbarra a sumarse á iniciativa, a recuperar do armario os seus xerseis máis nadal e a vivir unha xornada diferente arredor do golf e do Nadal.

torneo club golf paderne
⚙ Configurar cookies
0.072173833847046