O Club de Fútbol Eirís aplaza a presentación do equipo deste sábado debido ás condicións meteorolóxicas

ACoruñaXa
O evento, previsto para o 21 de setembro, será reprogramado e anunciado con antelación para garantir a seguridade e o bo desenvolvemento da xornada
Imaxe do campo de fútbol de Eirís
20 sep 2024

O Club de Fútbol Eirís S.D. anunciou o aprazamento da presentación dos seus equipos, que estaba programada para este sábado, 21 de setembro, ás 12.00 horas. A decisión foi tomada debido ás desfavorables previsións meteorolóxicas para esa xornada.

A intención do club era presentar os equipos que competirán nesta tempada, nun acto no que estaba prevista a participación de xogadores, familiares, patrocinadores e autoridades. Porén, as condicións climáticas impedirían o desenvolvemento normal da celebración, poñendo en risco tanto a organización como a seguridade dos asistentes, incluíndo os xogadores máis pequenos.

Neste sentido, o club lamenta ter que tomar esta decisión e agradece a todas as persoas que colaboraron na organización do evento. A nova data será anunciada con suficiente antelación. "Comprendemos que esta decisión é para o beneficio de todos", subliñou a Xunta Directiva.

O Club de Fútbol Eirís aproveitará a ocasión para garantir que a presentación dos equipos se realice nas mellores condicións posibles, preservando o benestar de todos os participantes.

0.18932914733887