O Club Ciclista Cambre pecha o Campionato Galego de Ciclocrós cun botín de ouros, pratas e bronces en Maceda

ACoruñaXa
Vega Aldrey e José Manuel Rouco proclamáronse campións autonómicos, con Aroa García e Carlos Aguilar como subcampións
CAMBRE ciclocross
31 Dec 2025

O ciclocrós galego baixou o pano á tempada 2025/2026 co Campionato de Galicia disputado en Maceda, no circuíto do Castelo, unha xornada que reuniu 274 participantes e na que se repartiron 16 títulos autonómicos.

En clave local, o Club Ciclista Cambre converteuse nun dos grandes protagonistas do campionato cunha actuación coral de arredor dunha trintena de corredores e corredoras e unha colección de metais nas categorías de base e máster. Entre os resultados máis destacados figuran os títulos de Vega Aldrey, campioa galega cadete, e José Manuel Rouco, campión galego infantil. O equipo cambrés tamén sumou dúas pratas coa subcampioa infantil Aroa García e o subcampión infantil Carlos Aguilar, ademais de dous bronces da man de Lara Fernández (cadete) e Guillermo Álvarez (máster-50).

A xornada deixou tamén un nome propio da comarca no caixón: Xiana Seijo, do Club BTT Caimanes Betanzos, foi subcampioa de Galicia júnior feminina nun final moi axustado, confirmando o seu gran momento tras proclamarse gañadora da Copa de Galicia no seu primeiro ano como júnior.

⚙ Configurar cookies
0.11905288696289