O Club Béisbol e Sófbol Cambre organiza dous torneos en novembro para apoiar o deporte feminino

ACoruñaXa
A campaña, apoiada polo Concello de Cambre, busca promover a igualdade no deporte galego con accións en redes sociais e competicións
Torneo do Club Béisbol e Sófbol Cambre
9 Nov 2024

O Club Béisbol e Sófbol Cambre (CBS Cambre) lanzará este novembro, en colaboración co Concello de Cambre, a súa terceira campaña consecutiva para promover a igualdade e o deporte feminino. Aproveitando o mes do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a iniciativa aposta pola promoción do deporte feminino en Galicia, ámbito no que o CBS Cambre é referente.

Durante todo o mes, o CBS Cambre difundirá nas súas redes sociais mensaxes de apoio ao deporte feminino, promovendo a igualdade e a non discriminación. Esta campaña tamén incluirá actividades deportivas, que foron presentadas onte na Casa da Cultura Vila Concepción coa presenza da alcaldesa, María Pan, e do concelleiro de Deportes, Cultura e Xuventude, Óscar Barrientos, xunto ao presidente do club, Jhonny Pérez Terán, e a secretaria María Fernanda Jóver.

María Pan expresou o seu agradecemento polo compromiso do club coa igualdade no deporte, mentres que Óscar Barrientos animou á veciñanza a participar nos torneos que se celebrarán durante o mes.

Como parte desta campaña, o club organizará dous torneos no pavillón de O Temple. O primeiro será o sábado 23 ás 10:30 horas, co equipo feminino de sófbol do CBS Cambre e o Club Junior de Xixón. O segundo será o sábado 30 ás 10:00 horas, dirixido ás categorías base de béisbol, con participación dos equipos infantís do CBS Cambre, Club Os Tilos (Teo) e Leones de Oroso.

⚙ Configurar cookies
0.17662501335144