O Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación contou con máis de 15.000 atletas

ACoruñaXa
O SD Compostela Atletismo proclamouse vencedor das categorías absolutas feminina e masculina, mentres que o podio de menores estivo encabezado na categoría feminina polo club de atletismo Noia e na masculina pola Asociación Deportiva Olimpia
Imaxe recurso dunha carreira popular
15 Mar 2024

Este venres pola tarde o Pazo de Mariñán en Bergondo acolleu o acto de entrega dos premios do IX Circuíto Provincial de Carreiras Populares organizado pola Deputación da Coruña no que participaron máis de 15.000 atletas de todas as idades.

No acto participaron o deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín. O circuíto de carreiras populares foi organizado Deputación e a Federación Galega de Atletismo colaboraron, de novo, na organización das 30 carreiras do circuíto noutros tantos municipios coruñeses ao longo do ano pasado.

Antonio Leira felicitou ás gañadoras e aos gañadores das de cada unha das probas e agradeceu “a gran participación coa que contaron todas as carreiras, así como o extraordinario labor de organización e coordinación das probas que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo, para posibilitar que no circuíto poidan participar o máximo número de concellos e de deportistas de todas as idades”.

Ao tempo, o deputado provincial indicou que “a vindeira edición do Circuíto de Carreiras Populares, xa a décima, contará con 35 probas, das que cinco terán lugar en municipios que non acolleran aínda o circuíto en anos anteriores, o que indica que cada vez estamos chegando a máis recunchos de toda a provincia”. Eses concellos que se unen ao circuíto este ano son As Pontes, As Somozas, Curtis, Mañón e Valdoviño.

Por último, Leira incidiu en que “desde a área de Deportes da Deputación, agardamos incrementar os 15.000 participantes desta última edición”.

Nesta edición do circuíto proclamáronse vencedores na categoría absoluta masculina Amador Pena, e na feminina Elena Veres Ojea, ambos do SD Compostela Atletismo.

No podio por equipos, o SD Compostela Atletismo proclamouse vencedor tanto da categoría absoluta masculina como da feminina. O Club Atletismo Sar clasificouse segundo na categoría masculina e feminina e o Club Atletismo Tambre foi o terceiro clasificado na categoría masculina, mentres que a Asociación Deportiva Olimpia quedou terceira na feminina.

En canto ás categorías de menores, os galardóns para os equipos femininos foron para o Club de Atletismo Noia, a Asociación Deportiva Olimpia e a SD Compostela, mentres que os equipos masculinos gañadores foron os da Asociación Deportiva Olimpia, o Club Atletismo Tambre e a SD Compostela Atletismo.

Na celebración desta gala tamén foron premiados outro medio centenar de atletas que obtiveron as mellores puntuacións nas diferentes categorías, desde benxamíns ata veteranos.

Listado de gañadores:

CATEGORIA ABSOLUTA FEMENINA

1.- Elena Veres Ojea                      SD Compostela Atletismo

2.- María Tarrío Martínez               SD Compostela Atletismo

3.- Elvira Tresguerras González  CA Sar

 

CATEGORIA ABSOLUTA MASCULINA

1.- Amador Pena Torreira              SD Compostela Atletismo

2.- Marcos García Soñora             CA Noia

3.- Manuel Castiñeiras Portos      SD Compostela Atletismo

 

CLUBS ABSOLUTO FEMENINO

1.- SD Compostela Atletismo                   4488 puntos

2.- Club Atletismo Sar                                2876 puntos

3.- Asociación Deportiva Olimpia             1983 puntos

 

CLUBS ABSOLUTO MASCULINO

1.- SD Compostela Atletismo                   3244 puntos

2.- Club Atletismo Sar                                2980 puntos

3.- Club Atletismo Tambre                        1563 puntos

 

CLUBS MENORES FEMENINO

1.- Club Atletismo Noia                              8113 puntos

2.-Asociación Deportiva Olimpia              3996 puntos

3.-SD Compostela Atletismo                     2482 puntos

 

CLUBS MENORES MASCULINO

1.- Asociación Deportiva Olimpia             4919 puntos

2.- Club Atletismo Tambre                         3181 puntos

3.- SD Compostela Atletismo                   2059 puntos

 

Relación das 35 carreiras que integran o X Circuíto de Carreiras Deputación da Coruña:

 

CARREIRA

 

CONCELLO DATA
XIII Sin-Son 10K

 

Porto do Son 22/12/2024
10K Carballo 2024. XII Carreira Popular Concello de Carballo Carballo 02/06/2024
43 Edición Carreira Internacional de Negreira " A CLÁSICA" Negreira 03/11/2024
XXIII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames Ames 20/10/2024
XXXIII Carreira Popular Concello de  Cambre

 

Cambre 15/08/2024
X Carreira Popular Concello de Rianxo

 

Rianxo 01/11/2024
XII Carreira Pedestre Concello de Vimianzo

 

Vimianzo 21/04/2024

 

0.18082499504089