O 'Ciclo Carral de Animación' presentará 4 producións de cine

ACoruñaXa
Durante un mes o centro Amiga de animación de Carral converterase no corazón das películas de animación en Galicia, comezando por 'Tadeo Jones 3' o sábado 11 de maio
Imaxe de 'Tadeo Jones 3'
29 Abr 2024

O centro de animación 3D de Carral, Amiga Space, organiza o 'Ciclo Carral de Animación' en colaboración con Cultura do Concello de Carral. O conxunto de eventos culturais presentará a 4 producións de cine de animación no municipio coruñés.

Neste sentido, o ciclo botará a andar o vindeiro sábado 11 de maio, coincidindo coa Festa do Pan de Carral. A película encargada de iniciar a programación cultural será 'Tadeo Jones 3 ' de Enrique Gato ás 12.00 horas e será presentada polo actor, cómico e coguionista galego, Manuel Burque.

A seguinte cita no Amiga Space será o sábado 18 de maio co filme 'Os demos de barro' de Nuno Beato na súa versión en galego ás 12.00 horas. A película estará presentada pola modelmaker Laura Blanco.

O sábado 25 de maio será a quenda de 'Engurradas' de Ignacio Ferreras, que contará coa presenza do seu coguionista Ignacio de la Cruz ás 12.00 horas.

Por último, o sábado 1 de xuño, proxectarase a 'Guardiana de dragones' de Salvador Simó. A película contara coa presenza de do seu propio director o catalán, Salavador Simó ás 12.00 horas.

Todas as proxeccións terán lugar no Centro Amiga (rúa Francisco Javier Alvajar) e será necesario reservar os convites a través do correo electrónico info@amigaspace.com.

Imaxe do cartel do Ciclo de Animación de Carral
0.18993806838989