O ciclista oleirense Damián Ramos gaña a medalla de bronce nos Xogos Paralímpicos de París
ACoruñaXa
O galego destaca na contrarreloxo individual C4 e faise co bronce para Oleiros nos Xogos Paralímpicos de París
5 Sep 2024
O oleirense Damián Ramos alcanzou un importante fito nos Xogos Paralímpicos de París, ao lograr a medalla de bronce na disciplina de ciclismo contrarreloxo individual C4.
O ciclista de Montrove brillou no circuíto de 14,2 kilómetros en Vichy-sous-Bois, onde exhibiu un desempeño impresionante, consolidándose no podio da categoría C4. O seu éxito é unha nova mostra do seu talento e dedicación na bicicleta.
O Concello de Oleiros felicita a Damián Ramos por este destacado logro e sente un gran orgullo polos seus éxitos deportivos, que reflicten a formación e o apoio que recibe nas escolas e instalacións municipais.