O Certame Literario de Arteixo anuncia as obras finalistas e prepárase para entregar os premios

ACoruñaXa
Na entrega presentarase A garza alucinada, volume que recolle os relatos gañadores das edicións 2022 a 2024
murguia-arteixo
8 May 2025

A organización do Certame Literario de Arteixo vén de anunciar as obras finalistas desta edición tras a deliberación do xurado, reunido o pasado 26 de abril de 2025 ás 10.30 horas nas dependencias do Concello. A entrega dos premios celebrarase o vindeiro venres 16 de maio ás 19.30 horas no auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía de Arteixo.

O xurado acordou por unanimidade premiar como finalistas as seguintes obras, listadas por orde alfabética:

  • A expedición Reynolds e a tribo dos tul’ati, presentada baixo o lema “Ariel Leira”, da autoría de Héctor Cajaraville Araújo.
  • Bum, presentada baixo o lema “Pantone 422 C”, da autoría de Nerea Pallares Villar.
  • Ser amábel, presentada baixo o lema “O fío que une as cousas”, da autoría de Inmaculada Núñez Núñez.

Durante a cerimonia, daranse a coñecer as obras gañadoras e farase entrega dos galardóns, que contan cunha dotación económica de 4.000 euros e edición da obra para o primeiro premio, 2.000 euros e edición para o segundo, e 1.000 euros e edición para o terceiro.

O acto contará coa intervención do xurado, que valorará as obras premiadas e o desenvolvemento da edición deste ano. Ademais, presentarase a publicación A garza alucinada, volume que recolle os relatos gañadores das edicións 2022 a 2024, e pecharase coa actuación estelar da Escola de Música Tradicional da A. X. Xiradela.

⚙ Configurar cookies
0.16215491294861