O centro tecnolóxico AMIGA acollerá a xornada 'Animación en serie'

ACoruñaXa
Haberá unha mesa redonda, na que participarán destacados profesionais do sector audiovisual
amiga-centro-carral-1
27 Feb 2025

A xornada formativa 'Animación en serie' terá lugar este venres 28 de febreiro no centro tecnolóxico AMIGA, do Concello de Carral. Este evento, que se desenvolverá durante toda a mañá, incluirá ponencias e unha mesa redonda con destacados profesionais do sector audiovisual.

A inauguración da xornada estará presidida polo alcalde de Carral, Javier Gestal; o director de AMIGA Space, Xosé Zapata; a presidenta da comisión de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente da Deputación da Coruña, Rosa Ana García López; e o vicepresidente do Clúster Audiovisual de Galicia, Gaspar Broullón.

Tras a inauguración, dará comezo un ciclo de relatorios. Ás 10.15 horas, o equipo creativo Bibopalula será o encargado de mostrar ao público como se fai unha serie galega 100 %. Ás 11.00 horas, Ton Pernas, creador e directivo creativo de Wawaland Planet, ofrecerá unha charla sobre a creación dunha marca internacional desde A Coruña. A xornada pecharase, ás 11.45 horas, cunha intervención do produtor Xosé Zapata, e dos animadores David Saborido e Laura Blanco, que falarán sobre as oportunidades de coproducción internacional desde Galicia.

A actividade continuará ás 13.00 horas cunha mesa redonda, na que participarán destacados profesionais do sector audiovisual, entre eles: Yago Fandiño, director de Contidos infantís de RTVE e director de Clan TV; María Sabucedo, directora das plataformas xabarin.gal e agalega.gal; Xosé Zapata, produtor de 'O diario de Alice'; Ton Pernas, creador de 'The Wawies'; e Álvaro Pérez, produtor de Bibopalula.

 

⚙ Configurar cookies
0.20794701576233