O Centro Dramático Galego oferta buses dende Arteixo para acudir as súas obras

ACoruñaXa
A entidade ofrece autobuses gratuítos para acudir á súa nova produción ‘Os actos e as profecías’ o vindeiro mes maio
Centro Dramático Galego buses
8 Feb 2024

O Concello de Arteixo e o Centro Dramático galego unen forzas para facer chegar as producións teatrais ao público arteixan, xa que dende a institución consideran que é un dereito de toda a cidadanía galega poder gozar dos seus espectáculos. Por elo dende o Centro Dramático impulsaron un Programa de Mobilidade para viaxar a Santiago de Compostela a desfrutar das súas funcións.

Nesta ocasión ofrecen autobuses gratuítos para acudir á súa nova produción ‘Os actos e as profecías’, dirixida por Tamara Canosa e con 20 intérpretes en escena, que se estreará o vindeiro mes de abril no Salón Teatro de Santiago de Compostela e coa que celebrarán o 40º aniversario do Centro Dramático Galego.

O autobús recollerá aos asistentes na casa do Concello á hora e lugar acordados e os regresará trala función, que se realizará ás 18.00 horas e terá un módico prezo de 3 euros. As persoas inscritas irán acompañadas dalgún responsable do Concello de Arteixo.

As datas previstas son o mércores 1 de maio, xoves 2 de maio e o venres 3 de maio e se distribuirán por orde de inscrición.

As persoas interesadas en acudir deberán ter máis de 16 anos e anotarse antes do 29 de febreiro no Centro Cívico Cultural de Arteixo Manuel Murguía (Rúa Baldomero González s/n), chamando ao teléfono 981 659100 ou enviando unha mensaxe ao email cultura@arteixo.org

0.19584393501282