O centro de día do Burgo acolle a exposición 'As nosas pioneiras' no marco do 8M

ACoruñaXa
O evento pechouse cunha emotiva actuación do Coro de Voces Veteranas
centro-de-dia-culleredo
14 Mar 2025

O centro de día do Burgo acolle a exposición 'As nosas pioneiras', unha iniciativa enmarcada dentro da programación do 8M organizada polo Concello de Culleredo para homenaxear o papel das mulleres na historia e reivindicar a súa contribución á sociedade.

As concelleiras de Cohesión Social, Marta Figueroa, e de Educación, Cristina Pardo, visitaron o centro para coñecer a mostra e compartir a xornada cos asistentes.

O evento pechouse cunha emotiva actuación do Coro de Voces Veteranas, que puxo o broche final a unha xornada de lembranza e recoñecemento ás mulleres pioneiras que abriron camiño en diferentes ámbitos.

⚙ Configurar cookies
0.14041209220886