O Centro Cultural de Castro e Laxe acolle o II Folianco de Entroido da Agrupación Folclórica Ancoradoira

ACoruñaXa
A cita será o sábado 31 de xaneiro, desde as 20.00 horas, en Culleredo, con actuacións de varios grupos e unha foliada libre ao remate
CULLEREDO folclore ancoradoira
22 Jan 2026

A Agrupación Folclórica Ancoradoira ultima os detalles do seu II Folianco de Entroido, unha xornada pensada para celebrar a música e o baile tradicional e abrir o Entroido cun encontro participativo. O evento terá lugar o vindeiro sábado 31 de xaneiro no Centro Cultural de Castro e Laxe, en Culleredo, a partir das 20.00 horas.

No cartel desta segunda edición figura a participación de varias formacións convidadas, entre elas As Mariñas de Cambre, A.C.D. Carcaxía, O Rueiro de Tabeaio, A.C. Ardenveto, Xilbatuxeiras, A.C. Catalmibre, A.A.C. Semente Nova e A.C. A Marola de Mera, ademais doutras agrupacións por confirmar.

Como peche da noite, a organización anuncia unha 'foliada libre', aberta a todas as persoas que queiran sumarse coa súa música, instrumentos ou ganas de bailar. A iniciativa conta co apoio de entidades locais e institucións como o Concello de Culleredo e a Deputación da Coruña.

foliada entroido ancoradoira
⚙ Configurar cookies
0.080542087554932