O Centro Comercial Los Rosales na Coruña acolle este venres o XIX Torneo de Xadrez Lóstrego

ACoruñaXa
Nesta data tamén naceu Domingos Merino, exalcalde da cidade e un dos mellores xogadores de España, á que representou en numerosas probas internacionais
Imaxe recurso de xadrez
17 Xuño 2024

O vindeiro venres día 21 o Club de xadrez Ludo organiza o seu XIX Torneo de Xadrez Lóstrego na Coruña.

A proba é a de máis historia das organizadas por esta entidade que dende o ano pasado dirixe as súas actividades principalmente a fomentar o xadrez no colexio Santo Domingo - FESD (Dominicos).

Nesta ocasión a proba sae do colexio para realizarse no Centro Comercial Los Rosales, cunha das poucas probas valedeiras para ELO FIDE das celebradas na cidade da Coruña.

A intención do club é organizar este torneo cada ano na mesma data; o 21 de xuño, día da súa fundación no 2002. Pero coincide que nesta data tamén naceu Domingos Merino, exalcalde da cidade e un dos mellores xogadores de España, á que representou en numerosas probas internacionais.

Así que dacordo coa familia do homenaxeado cada ano nesta data realizarase este torneo coa idea tamén que se realice en distintos puntos da cidade.

0.17731308937073