O Centro Cívico dos Mariñeiros acolle unha mostra dos obradoiros veciñais da cidade

O Centro Cívico dos Mariñeiros, na Coruña, acollerá o vindeiro venres 19 de decembro, a partir das 17.00 h, unha exposición conxunta na que varias asociacións veciñais da cidade amosarán unha selección dos traballos que se realizan nos seus obradoiros.
Entre as participantes estará o Taller de Pintura da AVV Ventorrillo, cuxas integrantes presentarán os seus cadros dentro desta iniciativa compartida. A mostra permitirá tamén ver creacións doutros ámbitos, como manualidades, labores ou debuxo, reflectindo a actividade que se desenvolve nos centros e locais asociativos.
Na exposición haberá pezas das asociacións A Barcarola (Catro Camiños), Palavea, Oza (Gaiteira e Os Castros), Peruleiro (Mariñeiros) e Ventorrillo. A entrada será gratuíta.