O CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de febreiro

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CEMIT do Concello de Betanzos terán lugar dúas actividades formativas durante o mes de febreiro.
O día 7 de febreiro haberá un curso de capacitación dixital 'Navegación segura en Internet' dirixido a persoas sen coñecementos previos e con interese en iniciarse no uso do ordenador. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10.00 horas a 11.30 horas. Mentres que os días 19, 21, 26 e 28 de febreiro terá lugar o curso 'LibreOffice Writer' dirixido á poboación en xeral. En horario de 09.00 a 10.30 horas.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as actividades pode acudirse ao Aula CeMIT de Betanzos (na rúa Emilio Romay, nº 1) ou facelo a través da páxina web oficial da iniciativa. Tamén pódese chamar ao teléfono 618 693 005 2401, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.betanzos@xunta.gal
A Rede CeMIT, impulsada pola Xunta, ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.