O CEIP Sada e Contornos achega ao Concello unha ambiciosa proposta de Camiño Escolar Seguro
O alcalde de Sada, Benito Portela, e a Concelleira de Educación e Deporte, Rebeca Mouriño, recibiron no Concello a unha representación do alumnado do CEIP Sada e Contornos que traballa para implantar no noso municipio o proxecto ‘Camiño Escolar Seguro’. Esta iniciativa, que conta co apoio do Concello de Sada, ten por obxecto mellorar a mobilidade urbana facendo máis segura a contorna dos centros escolares.
Como parte do traballo iniciado no presente curso escolar, alumnado do CEIP identificou catro camiños escolares para chegar ata o seu centro e, xa nestes, aqueles puntos que necesitan distintas melloras para garantir a seguridade das familias de camiño ó centro escolar como o pintado de pasos de peóns, a eliminación de obstáculos nas beirarrúas ou a ampliación das zonas peonís, entre outras.
Benito Portela explicou á rapazada os traballos realizados polo goberno local para mellorar a seguridade viaria na Avenida da Mariña coa elevación dos pasos peonís, medida que será implantada noutras vías municipais do concello; a redución da velocidade a 30km/h no casco urbano; o repintado da sinalización horizontal iniciado estes días na zona das Brañas e que continuará noutros puntos do municipio. Así mesmo, Rebeca Mouriño comprometeuse a traballar en conxunto co departamento de Obras e Servizos para ir executando as melloras propostas durante este encontro.
Programa “Agora imos Andando ao Cole”
A Concellería de Educación, anunciou o pasado mes de decembro o comezo do programa “Agora imos andando ao cole!” onde participaron a organización STOP Accidentes e a comunidade escolar do CEIP Sada e Contornos
O beneficiario deste proxecto é o alumnado de educación infantil e primaria e indirectamente todas as persoas que habitan e se desprazen no entorno do camino escolar; vecinos, comerciantes, hosteleros, visitantes, etc.
Neste contexto realizáarons enquisas de hábitos de mobilidade as familias para confeccionar o mapa dos percorridos do alumnado, que permitiron identificar as diferentes rutas e iniciar a promoción do camiño escolar.
Esta é unha das medidas recollidas no recente Plan de Mobilidade Sostible, onde se propon un centro urbano humanizado onde o peón sexa o protagonista.