O CEIP Plurilingüe de Tarrío (Culleredo) celebra o seu 50 aniversario

ACoruñaXa
O CEIP Plurilingüe de Tarrío celebrou esta fin de semana o segundo encontro para conmemorar os seus 50 anos de vida.
CEIP Plurilingüe de Tarrío - 50 aniversario
22 Jan 2024

O CEIP Plurilingüe de Tarrío celebrou esta fin de semana o segundo encontro para conmemorar os seus 50 anos de vida. Nesta ocasión déronse cita as antigas alumnas e alumnos das xeracións entre 1974 e 1980.

Ao acto acudiron o alcalde de Culleredo, José Ramón Riooo e a concelleira de Educación, Cristina Pardo, que acompañaron a Ana Liñares, actual directora do centro e ás 190 persoas presentes na celebración. Entregóuselle un obsequio a Agustín Mateos Vicente, quen foi director do CEIP de Tarrío durante practicamente vinte e cinco anos, o que supón a metade da traxectoria deste centro.

A directora do centro aproveitou para agradecer a todas as persoas que fan posible esta serie de celebracións polos 50 anos do centro escolar. “Non poderiamos camiñar neste carreiro sen a colaboración da nosa comunidade educativa, nosa ANPA, persoal de antes e de agora, desde a cociña ata profesoras e profesores… Un grupo humano do que só me podo sentir orgullosa de pertencer a el”, agradeceu a profesional da educación.

Pola súa banda, o alcalde, José Ramón Rioboo, quixo agradecer en nome da Corporación municipal a todas as persoas que fixeron, fan e farán do CEIP Plurilingüe de Tarrío un lugar tan grande no que moitas xeracións de cullerdenses formáronse e que son historia viva do centro.

O rexedor tamén quixo acordarse “de todo o persoal de conserxería, comedor, limpeza, profesoras e profesores, pais, nais, ANPA, equipo directivo e como non, alumnas e alumnos.” Tamén de “a Comisión organizadora dunha xornada que non vai quedar aquí, que terá as súas respectivas celebracións ao longo do 2024”. Rioboo quixo pechar a súa intervención destacando “o especial dun día como hoxe, no que reencontros e emocións son os protagonistas” e destacou que “sempre poderedes dicir orgullosas e orgullosas: “Eu son de Tarrío”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.12921905517578